martes, 1 de abril de 2014

O Galego en Coiro.

O idioma galego no noso centro educativo Castrillón-Coiro e un idioma pequeno, esquecido, e marxinado. Poderiamos pensar positivamente que é un idioma que está en coiros (un idioma en cueros) coma un crío que irá medrando e poñendo roupas de maior. Outro cantar será ver obxetivamente como vive o galego nesta parroquia e no noso entorno escolar. Mostra do estado de "extinción" no que se atopa  esta lingua está na fala dos nosos alumnos e alumnas. Veñen dun medio castelán falante e o galego non é siquera a fala dos seus avós. Mesmo estes lles falan ós netos e netas en castelán.
Teremos que reflexionar por qué mestres, pais, familiares... ocultamos o idioma galego ós rapaces e rapazas galegos. Cales son as razóns profundas que nos levan a autodespreciarnos, rechazar e esquecer as nosas orixes, os nosos antepasados, a nosa historia...
Como educadores teremos que considerar que legalmente o noso alumnado ten que adquirir o mesmo nivel de competencia lingüística tanto en galego como en castelán. E a nosa realidade lingüística indica que os nosos alumnos/as  teñen moito que medrar na aprendizaxe e uso do galego.
Vistamos de galego ós nosos alumnos/as con esta lingua agarimosa.

luns, 8 de abril de 2013

As Tecnoloxías da Información e Comunicación no ensino.




Resulta insospeitado adiviñar as futuras implicacións que chegarán a ter as novas ferramentas e medios da información e comunicación aplicadas ó ensino. Só estamos empezando e as propias tecnoloxías tamén están nos comenzos. Creo que claramente usaremos novas “máquinas” na escola. Estamos apreciando varias posibles vías de desenvolvemento:
  • A tecnoloxía web permite a aprendizaxe non presencial. Fará isto modificar substancialmente o marco (edificio) escolar ata chegar a unha escola virtual?  Chegarán os nosos nenos/as a facer o xogo, a amizade, a relación… unha cuestión virtual? Seremos cada vez   máis individualistas e menos sociables? Todos estes son retos que se ten que formular a escola actual se pretende “educar” e non só “formar” persoas.
  • Os mestres disporemos de moitos máis medios para ensinar e educar. Convén coñecelos e usalos adecuadamente. Porque ferramentas novas non implican sistemas educativos novos, nin mellores, se non tendemos cara a un coñecemento humano profundo, se non escollemos  uns obxectivos atinados.

  • Cabe cuestionar se os mestres acabaremos converténdonos en “creadores” de actividades educativas ou se novamente outros organismos privados ofertarán este material, facendo do profesor/a  un profesional que escolle e aplica, pero que non crea recursos didácticos.

  • Convén seguir afondando neste asunto porque hai moitas novas implicacións, que seguro se nos escapan e pronto nos sorprenderán.

    Xosé Carlos Durán Gallego
    CEIP CASTRILLÓN COIRO. CANGAS

Unidade didáctica: Os animais

Actividades Jclic.
Clasifico animais
Animais vertebrados

Actividades Lim.
Monte da Madroa
Medidas de lonxitude.

Actividades Ardora.
Ecosistemas
Wild animals

mércores, 3 de abril de 2013

Hora de falar.

Os alumnos/as presentan un tema en galego, nunha actividade encamiñada a promover o uso do noso idioma, chamada asi. O tema exposto é "Poetas en New York"